top of page

RE-CONECTANDO COA NATUREZA. A ADAPTACIÓN DOS CENTROS EDUCATIVOS Á CRISE CLIMÁTICA.

  • rafasaco
  • 28 abr 2024
  • 1 Min. de lectura

O alumnado de 1º BAC puido disfrutar dunha interesante palestra que nos obrigou a reflexionar. O profesor da USC Germán Vargas, cunha linguaxe directa e facéndonos partícipes dos efectos do cambio climático nas comunidades campesiñas de Bolivia, das que é orixinario, foi expoñendonos a necesidade de tomar conciencia do protagonismo que os centros educativos teñen que asumir no contexto de crise climática. Sendo este un tema grave, puido identificar con claridade os aspectos nos que incidir para reverter esa situación.. Despois puidemos compatir con el as diferentes inciativas que estamos a desenvolver no recinto verde e que resultaron do seu agrado. Tivemos, pois, a oportunidade de poder establecer con el un contacto que de seguro prolongaremos no tempo. Grazas Germán.


Prteme na imaxe para ver as fotos da actividade!

 
 
 

Entradas recientes

Ver todo
Novos habitantes chegan ao patio

O alumnado de 2º ESO, guiado polo profesor Alfonso Martínez, está a darlle vida ao mural do pavillón. Este proxecto comezouse en cursos...

 
 
 

Comments


  • Facebook
  • Twitter
  • LinkedIn

©2020 por AulaVerde. Creada con Wix.com

bottom of page