top of page

O que sae do mar

  • yolandaprofp
  • 4 feb
  • 1 Min. de lectura

Unha das liñas de acción de Biocultura é a suprarreciclaxe, e concretamente, usar crebas do mar para o deseño e realización de obxectos con valor conceptual e crítico.

O alumnado de 2º ESO, na materia de Tecnoloxía e Dixitalización, co profesor Antón Piñeiro, traballou durante semanas no deseño dun acuario moi particular: os seres marinos que o poboarán están creados a partir de refugallo.

Deixamos imaxes do proceso e esperamos que pronto teñamos o espazo final cos seus habitantes.






Commentaires


  • Facebook
  • Twitter
  • LinkedIn

©2020 por AulaVerde. Creada con Wix.com

bottom of page