top of page

Quérote como a area.O proxecto de tecnoloxía.

  • yolandaprofp
  • 11 jun
  • 3 Min. de lectura

Antón, profesor de Tecnoloxía, nárranos como foi este curso no seu taller:


"O alumnado de 2º da ESO da materia de Tecnoloxía de este ano 2024-2025 elixiu crear un acuario feito con materiais de refugallo obtidos das praias do concello de Rianxo.

Os materiais seleccionados foron vidros, plásticos e distintas madeiras que foron obtidas das nosas praias.

Con estos proxectos tratamos de concienciar ó noso alumnado sobre a preservación e conservación dos mares, océanos e ríos, cumprindo así co obxectivo número 14 dos ODS do ano 2030, ademais de fomentar distintos valores como o traballo en equipo, a sostebilidade, a economía circular, o compromiso coa mellora do noso entorno e a igualdade entre homes e mulleres.

No taller de tecnoloxía observamos ós rapaces e rapazas construir con cristais, colas termofusibles e prásticos de refugallo as distintas figuras do acuario.

Organizados en grupos de 4 persoas, foron facendo as distintas pezas de cristais e plásticos.

Con todos os peixes, algas, pulpos, medusas e demais animais mariños creouse o que sería o acuario de material de refugallo que todos e todas queríamos.

O alumnado observou que moitos dos cristais eran súperbonitos e decidimos crear con eles aneis, colgantes, pendentes e incluso cadros que levaban os peixes que eles facían no seu interior baixo un lema: Quérote coma a area.

Pasaron a ser pequenos e pequenas artesáns que transformaban cristais de refugallo recollidos das praias de Rianxo en pequenas obras de arte onde cada unha delas era única. Todas elas levaban impresas unha mensaxe de sostebilidade dos mares e océanos así como o compromiso de manter os nosos ecosistemas para que estos cheguen en perfecto estado ás futuras xeracións.

Comenzaron a sair os primeiros colgantes e aneis, todos eles agasallados ás profes e conserxes do centro.

Todos e todas vimos que o proxecto ademásis de diversificarse, empezou a medrar.

Entón puxemos o punto de mira na creación dunha pequena empresa artesanal que podía vender estas xoias e así sacar un beneficio económico para cando o noso alumnado fose de excursión.

Así na semán da diversidade o alumnado xunto coas conserxes, montaron un posto para vender todos estas xoias.

Os profes e profas e tamén pais e nais compraron numerosas pezas ós rapaces, e foi cando se percataron do que tiñan entre mans.

Un proxecto ilusionante e creativo onde todos eles participaban para un ben común.

Comprenderon que esta historia tiña moito que contar e que traballando nun bo ambiente de traballo todo ía sobre rodas.

As profes do departamento tamén quixeron sumarse a esta iniciativa e dende os de primeiro da ESO que montaron a base de canutos de papel onde irían os peixes, os de 1º de Bacharelato que montaron un vídeo onde relataban esta historia.

O departamento de mates uníuse a toda esta marea e participou nun concurso da calculadora Casio, onde a rapazada calculaba os costes os posibles ingresos e con elo o beneficio que poderían obter.

O noso alumnado tamén creou dende a materia de tecnoloxía de 2º da ESO un programa en Scratch onde explicaban que o centro era unha Blue School, que tratábamos de crear unha conciencia na preservación e conservación dos mares e océanos, conectando así co obxectivo número 14 dos ODS 2030.

Falan do proxecto ProBleu e tamén do de Biocultura, ademáis de como foi o seu traballo."


Pincha aquí para ver fotos do desenvolvemento das actividades.


 
 
 

Entradas recientes

Ver todo

Comments


  • Facebook
  • Twitter
  • LinkedIn

©2020 por AulaVerde. Creada con Wix.com

bottom of page