top of page

Slow food: a calma como modo de vida.

  • yolandaprofp
  • 2 jun
  • 1 Min. de lectura

O filósofo Byung-Chul Han advirte desde hai anos sobre os riscos da sociedade da prisa, e da necesidade de parar a contemplar.

Esta actitude pode ampliarse a todas as facetas da vida, tamén ao noso modo de alimentación, xa que o feito de comer, comeza moito antes: co traballo da terra.

O movemento Slow food naceu a finais dos anos '80 do pasado século en Italia, como chamada de atención sobre o sabor da cociña lenta fronte ás elaboracións "fast food".

Na actualidade, enténdese como algo máis, non só o comer con calma; cultivar con tempo necesario, sementar diversas especies fronte a monocultivos, coidar o medio que nos dá recursos, dignificar o traballo das persoas que fan posible a existencia dos produtos que podemos comer.

Deso faláronnos Slow Food Compostela o día 12 de maio, aos grupos de 3º ESO e 1º CMAPSD. Unha ollada ao pasado e ao presente dos sistemas alimentarios, e unha reflexión sobre o futuro.

Pincha aquí para ver as imaxes do día

 
 
 

Entradas recientes

Ver todo

Hozzászólások


  • Facebook
  • Twitter
  • LinkedIn

©2020 por AulaVerde. Creada con Wix.com

bottom of page