A NOSA PROPOSTA DE APRENDIZAXE POR SERVIZOS
- rafasaco
- 17 oct 2022
- 1 Min. de lectura
Este ano puidemos armar unha candidatura coa que nos presentamos aos premios de Aprendizaxe-Servizo 2022. Independemente das nosas opcións, que sabemos limitadas, quédanos a satisfacción de ter cumprido o obxectivo de non deixar pasar esta oportunidade e poder amosar o inmenso traballo realizado grazas ao esforzo e ilusión que está a poñer no proxecto a comunidade educativa do Félix Muriel e o tecido comunitario que o arroupa. A cadidatura vai precedida dun video de 5 minutos a modo de resumo destes dous cursos. Déixovos aquí o resultado que lle debemos á profesora Yolanda Paz Pereira a quen lle agradecemos o seu enorme compromiso. E grazas igualmente a tod@ vós! Que o disfrutes!
Preme na imaxe para ver o video!
Comments