Agroecoloxía, Economía Circular e Sector Primario
- yolandaprofp
- 19 feb
- 1 Min. de lectura
O departamento de Economía, en colaboración coa Fundación Montescola, organizou unha charla este luns 17 acerca do aproveitamento das terras de cultivo, imbricada nunha serie de actividades que se levan realizando ao longo do mes baixo as denominación "Agroecoloxía, Economía Circular e Sector Primario".
Na ponencia, impartida por María Teixeiro do Sindicato Labrego Galego, tratáronse importantes aspectos en relación co currículo da materia de Economía e empredemento de 4º de ESO como a economía circular, os prezos dos produtos en orixe e en destino, o papel da muller no mundo labrego e outros en relación ao desenvolvemento sostible, as oportunidades de negocio no rural, etc.
A ponencia resultou moi produtiva dado o aproveitamento que o alumnado poderá facer de certos recursos tratados nas aulas como poden ser os cálculos das marxes de contribución entre os produtores e os vendedores, ou a economía circular dentro do sector agrario, e que serviron para acadar unha aprendizaxe máis significativa dada a importancia do rural no Concello de Rianxo e a relación coas actividades do sector primario, neste caso a agricultura.

Kommentare