AS MIRADAS CALEIDOSCÓPICAS INTERVEÑEN NA PAISAXE!
- rafasaco
- 7 jun 2022
- 1 Min. de lectura
Despois de un mirar e camiñar no que o corpo é un instrumento do proceso de deriva, o alumnado da actividade Caleidoscopio foi recollendo como resultado un conxunto de elementos en moi diversos formatos cos que elaborou unha cartografía colectiva. Posteriormente a experiencia trasladouse á aula, e os grupos reflexionaron e prepararon propostas creativas coas que, na última sesión, realizaron unha intervención que pon de manifesto a paisaxe como construción que fixeron súa. Noraboa en verdade a esta interesantísima experiencia monitorizada por AVOAR que nos abre os ollos para vindeiros proxectos!
Preme na imaxe para ver diferentes produtos desa mirada multiperspetiva.
Creacións.

Comentarios