CHEGARON OS VIDACULTORES... E NÓTASE!!!
- rafasaco
- 15 may 2022
- 1 Min. de lectura
Desde que se puxeron en marcha as brigadas de Vidacultores o recinto escolar está a experimentar novas e moi importantes transformacións. Estas brigadas mobilízanse nos recreos e en pouco tempo son quen de deixar unha pegada que tod@s agradecemos. Yolanda e Pablo coordinan estas brigadas que xa puxeron en marcha o Xardín de olores e cores, coas súas sementes preparadas, así como a instalación de unha notable cantidade de bancos que nos permite gozar dun xeito novo dos espazos verdes que se foron traballando por toda a comunidade educativa. Se por casualidade te atopas cos Vidacultores, non o dubides, únete a eles!!!
Preme na imaxe para ver as intervencións dos Vidacultores!
Comments