top of page

COMEZAMOS NOVO CURSO E....CON NOVOS PREMIOS PARA A NOSA CURTA!!!!!

  • rafasaco
  • 25 sept 2022
  • 1 Min. de lectura

A nosa curta Monte Vivo ven de colleitar dous novos e moi importantes recoñecementos: Primeiro Premio na VII edición do Festival Escolar e Universitario das Artes Audiovisuais eMOVE na sección de Documental, categoría de 2º Ciclo de ESO e, tamén, premio BIOPARC á mellor produción na temática natureza e medio ambiente. Novamente enormes parabéns ao equipo do alumnado realizador da curta comandado pola profesora Sofía Rama e polos responsables do obradoiro audiovisual Marcos Gallego e Domingo Docampo. A entrega do premio eMOVE será o vindeiro 12 de novembro no teatro Lope de Vega de Madrid. Alí estaremos! Prometemos tervos informad@s dese evento que marca cunha enorme ledicia o inicio deste curso.

ree

ree

 
 
 

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


  • Facebook
  • Twitter
  • LinkedIn

©2020 por AulaVerde. Creada con Wix.com

bottom of page