ENRIQUECENDO O ESPAZO
- rafasaco
- 31 mar 2024
- 1 Min. de lectura
O alumnado de Debuxo artístico de 4º ESO comezou a plasmar no muro da zona verde do patio diferentes motivos dos petroglifos que podemos atopar nos montes de Rianxo. Unha forma de achegarnos ao espazo común a arte e a expresión da nosa memoria cultural. E tamén unha moi boa forma de aproveitar o breve respiro que nos deu a chuvia!!
Preme na imaxe para ver máis motivos.
Comments