top of page

INTERVINDO NO ESPAZO PARA CREAR O RECUNCHO VERDE!

  • rafasaco
  • 29 dic 2023
  • 1 Min. de lectura

O alumnado de Proxecto competencial de 3º ESO e de 1º de Ciclo APSD desenvolveu o obradoiro Activa a túa aula verde, promovido dende o Proxecto Terra. O obradoiro conducido pola arquitecta Elena Belgrano, tivo unha parte expositiva na que se trataron contidos sobre os aspectos beneficiosos das plantas e de como integralas nos espazos nos que vivimos. Posteriormente, o alumnado organizado en grupos elaborou deseños de intervención nun espazo previamente elixido. Para, posteriormente, acometer unha primeira transformación do recuncho elixido, para a que o alumnado desenvolveu diferentes tarefas: pintando materiais reciclados, incorporando plantas e elementos decorativos, dispoñendo o conxunto... Velaí o resultado dunha acción que terá continuidade neste e noutros espazos do centro!


Preme na imaxe superior para acceder as fotos da actividade!


 
 
 

Entradas recientes

Ver todo
Novos habitantes chegan ao patio

O alumnado de 2º ESO, guiado polo profesor Alfonso Martínez, está a darlle vida ao mural do pavillón. Este proxecto comezouse en cursos...

 
 
 

Comments


  • Facebook
  • Twitter
  • LinkedIn

©2020 por AulaVerde. Creada con Wix.com

bottom of page