top of page

Proxecto educativo a prol dun monte vivo

  • rafasaco
  • 10 abr 2020
  • 1 Min. de lectura

O plan inscríbese nun contexto recente e significativo para o alumnado do IES Félix Muriel como foi o incendio do 25 e 26 de marzo de 2019, que afectou a 1200 hectáreas dos Concellos de Dodro e Rianxo, e concretamente a 5 das 6 parroquias que conforman o Concello de Rianxo, obrigando pola súa envergadura e virulencia a que por primeira vez tivera que ser desaloxado o propio IES e outros centros educativos.


ree

Este proxecto quere desenvolver no alumnado unha toma de conciencia sobre as causa e as consecuencias medioambientais dos incendios forestais e o deterioro que ocasionan no recurso do monte. Tamén pretende fomentar e posibilitar a participación activa do alumnado sobre a responsabilidade de preservar o medio natural.


ree

 
 
 

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


  • Facebook
  • Twitter
  • LinkedIn

©2020 por AulaVerde. Creada con Wix.com

bottom of page