MERCADIÑO SOLIDARIO: UN EXEMPLO DE ECONOMÍA CIRCULAR.
- rafasaco
- 18 jun 2023
- 1 Min. de lectura
O alumnado do CM de ATPSD traballou moito e ben nesta recta final de curso en favor da Economía circular e a protección do medio ambiente.
Malía ter exames e traballos de final de trimestre, foron quen de coordinar a organización e realización do Mercado Solidario. Ademais de practicar contidos do módulo de Apoio Domiciliario - lavado, planchado, ordeamento de roupa - desenvolveronse de marabilla informando ao resto de alumnado sobre este evento, clasificaron os productos en bases de datos asignaron prezos, e estiveron de xeito voluntario atendendo ao público.
Os fondos recaudados destinaranse á adquisición de árbores para o patio, do que disfrutará toda a comunidade escolar.
Estamos orgullosas e agradecidas a 1º de ciclo? Por suposto!
Preme na imaxe para ver máis fotos.
Comentários