top of page

"MONTE VIVO" FINALISTA NO FESTIVAL OLLOBOI E SELECCIONADA NO ERRONKA MUNDUAN (Reto polo mundo)2022.

  • rafasaco
  • 9 jun 2022
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 10 jun 2022

A nosa curta foi seleccionada como finalista na sección OLLO ESCOLAS no festival de curtas Olloboi. Neste apartado inclúense curtas referidas a proxectos educativos ecosociais. Iremos á final cos dedos cruzados.

Por outro lado a curta tamén foi seleccionada no certamen do Pais Vasco ERRONKA MUNDUAN (Reto polo Mundo). Trátase dun certame que quere, por medio da difusión de realizacións audiovisuais nas redes, promover a mobilización social e a conciencia sobre as necesarias transformacións ecosociais e a prol dos dereitos humanos, das que a cidadanía ten que ser protagonista. Este recoñecemento é especialmente valioso porque amplifica a nosa mensaxe de MONTE VIVO alén do marco estritamente educativo. Magnificas noticias e...avante toda!!!

ree

Preme na imaxe para coñecer o ERONKA MUNDUAN (Reto polo Mundo)., poderedes acceder á moitas realizacións interesantes e tamén á nosa curta . Para iso debedes ir a "Acceso a las Salas de Cine", inscribíndovos previamente no certame.

 
 
 

Entradas recientes

Ver todo

1 comentario


yolixpp
13 jun 2022

Avante o Monte Vivo

Me gusta
  • Facebook
  • Twitter
  • LinkedIn

©2020 por AulaVerde. Creada con Wix.com

bottom of page