Novos habitantes chegan ao patio
- yolandaprofp
- 16 mar
- 1 Min. de lectura
O alumnado de 2º ESO, guiado polo profesor Alfonso Martínez, está a darlle vida ao mural do pavillón. Este proxecto comezouse en cursos anteriores, e cada ano procúrase traer fauna nova. É fermoso de crear e de desfrutar, pois teremos a compaña imperecedeira de magníficos individuos de especies animais autóctonas.
Ao martiño peixeiro uniuse o raposo, e a lontra pronto estará no grupo.
Preme AQUÍ para ver a evolución do traballo.
Comments