O NOSO PROXECTO NA TVG!!!
- rafasaco
- 27 abr 2022
- 1 Min. de lectura
O programa Vivir aquí da TVG realizou unha reportaxe sobre a Fundación RIA, recollendo o noso proxecto como mostra das iniciativas apoiadas polo seu Laboratorio Ecosocial do Barbanza dentro da convocatoria dos premios Semente. Dese modo o noso proxecto vese recoñecido e integrado nunha visión ampla e de futuro a prol de establecer as bases dun territorio sustentábel. O programa conducido por Teresa Abuín emprega diferentes materiais elaborados nas actividades do proxecto así como entrevistas gravadas ao alumnado e imaxes da curta Monte Vivo. Noraboa polo resultado e grazas por ter contado con nós ao querer poñernos como exemplo das accións impulsadas pola Fundación RIA.
Preme na imaxe para acceder ao programa.

Comentarios