PALESTRA DE ARQUEOLOXÍA.
- rafasaco
- 31 dic 2021
- 1 Min. de lectura
O alumnado de 2º A e B de ESO puido asistir á palestra impartida por Ángel Acuña, arqueólogo responsable dos traballos de restauración das mámoas de Os Campiños que veñen de rematar. A actividade resultou unha motivadora introdución á disciplina da arqueoloxía a partir de referentes cercanos e identificables polo alumnado.. Aínda que por motivos climatolóxicos non puidemos facer a actividade in situ, a palestra resultou do máis ameno e complementouse cun elaborado soporte visual. Ao final houbo un interesante coloquio. Grazas Ángel!
Preme na imaxe para ver a galería.
Comments