top of page

PALESTRA DE XAQUÍN RUBIDO SOBRE AS AMEAZAS REAIS E POTENCIAIS Á RÍA

  • rafasaco
  • 28 dic 2022
  • 1 Min. de lectura

Por fin puidemos desenvolver unha actividade á que lle tiñamos moitas gañas!

Xaquín Rubido, Presidente da Plataforma en Defensa da Ría da Arousa, ademaís de doutor en bioloxía e profesor, impartiu unha magnífica palestra sobre as ameazas á sustentabilidade da Ría. "Xocas" foinos amosando os trazos que permiten comprender esta ría como unha unidade territorial, coas súa fortalezas e ameazas, aportando dun xeito didáctico as chaves que explican que sexa a ría máis produtiva do mundo así como as ameazas presentes e posibles aos seus recursos. Como impulsor do movemento Nunca Máis, achegou ao alumnado o sentido dese movemento abríndonos os ollos sobre unha realidade que moit@s descoñeciamos. O alumnado interveu nun animado coloquio e puido desenvolver aplicacións didácticas. En definitiva, memorable actividade da que quixemos gardar rexistro para o futuro. Parabéns e grazas!!


Preme na imaxe para acceder a outras!

 
 
 

Entradas recientes

Ver todo
Novos habitantes chegan ao patio

O alumnado de 2º ESO, guiado polo profesor Alfonso Martínez, está a darlle vida ao mural do pavillón. Este proxecto comezouse en cursos...

 
 
 

Comments


  • Facebook
  • Twitter
  • LinkedIn

©2020 por AulaVerde. Creada con Wix.com

bottom of page