PALESTRA DE XAQUÍN RUBIDO "XOCAS" SOBRE AS AMEZAS REAIS E POTENCIAIS Á RÍA DA AUROSA-1ªPARTE
- rafasaco
- 2 ene 2023
- 1 Min. de lectura
O coñecemento que o Xocas ten sobre a ría da Arousa e que lle trasladou ao alumnado na palestra que impartiu a finais de novembro no Félix Muriel, parécenos que constitúe un material didáctico moi valioso que queremos poñer a disposición da comunidade educativa. Iremos difundindo esta actividade en diferetes achegas que irán ilustrando sucesivamente os aspectos xeográficos, biolóxicos, económicos, sociais e mediambientais que nos permiten situarnos e comprender a riqueza deste espazo natural e as liñas de intervención que fundamentadamente nos propón a prol da súa sostibilidade. É de salientar que o coñecemento se nos transmite dende unha concepción da praxe educativa que entronca plenamente co sentir do noso proxecto. Ofrecémosvos aquí a primeira entrega desta actividade.
Preme na imaxe e despois no vídeo para acceder á palestra!

Comentarios