top of page

PERFORMANCE "O VINDEIRO"

  • rafasaco
  • 25 jun 2023
  • 1 Min. de lectura

Como remate do curso celebrouse unha actividade conmemorativa do afundimento do Prestige e do movemento de autoorganizacición cidadá Nunca Máis. O alumnado participou nun evento con lectura de textos, visionado de documentos, música e tamén a intervención do ex-patrón maior da Pobra do Caramiñal e impulsor de Nunca Máis, Manuel Maneiro. O alumnado de plástica conducido polo profesor Alfonso Martínez aprotou unha espectacular reprodución da proa afundíndose do petroleiro realizada a escala sobre a referencia do tamaño dos Playmobil e o profesor Ramón Moreira aportou fotografías propias sobre as accións dos voluntarios. Todos estes elementos conxugáronse nunca actividade que supuxo unha toma de consciencia sobre eses feitos e a necesidade de manter a súa memoria sobre o valor da cidadanía e a defensa dos valores mediambientais. Ao final, procedeuse á entrega dos diplomas e agasallos de recoñecemento ao alumnado VidaCultor máis destacado polo seu compromiso. Os agasallados foron Mauro Sobradelo e Adrián Vidal, de 2º A ESO. Con esta actividade veu culminar un curso de intensa actividade no proxecto de Biocultura! Parabéns a tod@s!!


Preme na imaxe para ver a actividade!


 
 
 

Entradas recientes

Ver todo
Novos habitantes chegan ao patio

O alumnado de 2º ESO, guiado polo profesor Alfonso Martínez, está a darlle vida ao mural do pavillón. Este proxecto comezouse en cursos...

 
 
 

Comments


  • Facebook
  • Twitter
  • LinkedIn

©2020 por AulaVerde. Creada con Wix.com

bottom of page