PLANTACIÓN DE CASTIÑEIROS NOS CAMPIÑOS
- rafasaco
- 23 mar 2022
- 1 Min. de lectura
O alumnado de primeiro curso do Ciclo de ATPSD e de 2ºB de ESO participou activamente coa asociación AMICOS na plantación de dúas hectáreas de castiñeiro nos terreos da Comunidade de Montes de Leiro. Concretamente, na zona acaroada ao conxunto megalítico das mámoas de Os campiños. Foi unha xornada memorable na que puidemos colaborar na rexeneración dunha zona de gran valor arqueolóxico, substituindo eucaliptos por castiñeiros, ao par que contribuir a unha ordenación sustentábel do monte comunal creando unha barreira fronte aos incendios. E, por se fora pouco, puidemos compartir esa experiencia coa xente das Ecobrigadas de AMICOS.
Unha xornada inolvidable e un motivo para estarmos atentos ao devir da biodiversidade nesa zona!!
Preme na imaxe para acceder ao vídeo da xornada no que poderás coñecer unha invitada sorpresa
Comments