top of page

PREMIO AO PROXECTO DE EMPRENDEMENTO SOSTIBLE DO NOSO IES "A GRANDE LARANXA"

  • rafasaco
  • 26 jun 2024
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 28 jun 2024

No tempo de madurar os froitos, o noso IES vén de ser galardoado co premio de Bacharelato no concurso "Emprender é soñar", organizado pola Asociación galega de empresa familiar e Afundación Abanca. O orixinal proxecto de empresa presentado polo noso alumnado basease na reutilización de laranxas en mal estado para fabricar produtos de valor engadido, como caixas, cestas, ambientadores ou roupa. O proxecto naceu dun obradoiro previo realizado no IES e foi culminación do percorrido polas fases de empatizar, idear, seleccionar ideas, prototipar e presentar finalmente un concepto innovador, sostible e con valor de negocio. Vese deste xeito como o traballo do noso proxecto dá os seus froitos e vai calando na formación do noso alumnado. Boa sintonía cando precisamente está en marcha e posta en funcionamento dun centro de transformación de alimnentos pola Plataforma pola Defensa do Monte. Parabéns ao profesor Xan Valiño polo estupendo traballo e, por suposto, ao alumnado merecedor deste importante recoñecemento.


Preme na imaxe para acceder á noticia.




Veredicto do xurado e alumnado do nos IES. Parabéns.


Dando os agradecementos, Xan Valiño dende Monte Vivo e Uxía González Patiño no nome do alumnado galardoado.

 
 
 

Entradas recientes

Ver todo
Novos habitantes chegan ao patio

O alumnado de 2º ESO, guiado polo profesor Alfonso Martínez, está a darlle vida ao mural do pavillón. Este proxecto comezouse en cursos...

 
 
 

Comments


  • Facebook
  • Twitter
  • LinkedIn

©2020 por AulaVerde. Creada con Wix.com

bottom of page