PRESENTACIÓN DA CURTA "MONTE VIVO"
- rafasaco
- 29 nov 2021
- 1 Min. de lectura
O pasado día 17 realizouse o acto de presentación da nosa curta no auditorio de Rianxo. Foi a culminación dun encomiable traballo do alumnado de 4ºB ESO que comezou o pasado curso e que, conducido polo labor inconmensurable da profesora Sofía Rama, tivo o seu albaroque neste memorable acontecemento. Si, acto para o recordo, deseñado e desenvolvido polo propio alumnado, resultou a mellor constatación da súa capacitación e do seu compromiso na tarefa, que perdurou, incluso, cando parte do equipo xa segue a súa formación académica noutros centros. Puidémos ver o resultado e puidemos escoitar a Marcos Gallego, coordinador xunto con Domingo Docampo do obradoioro audiuovisual, na exposición dos motivos do proxecto e da conveniencia de achegar e desenvolver eses recursos expresivos ao eido ducativo. No acto participaron as familias e o profesorado do centro, asi como o Director do Instituto e o Alcalde de Rainxo. Para ben a tod@ o alumnado e participantes e moi en especial á profesora Sofía Rama.
Preme na imaxe para ver o acto.
Comments