REUTILIZACIÓN E APROVEITAMENTO DE RECURSOS NO ÁMBITO SOCIAL.
- rafasaco
- 27 mar 2022
- 1 Min. de lectura
O alumnado de 1º curso de Ciclo Medio de Atención a persoas en situación de dependencia puido asistir o luns 21 á palestra impartida por Santi Barros, Integrador Social que desenvolve seu traballo na Asociación Boa Vida de Pontevedra.
Santi desenvolveu tres interesantes aspectos:
- O labor da reciclaxe e reutilización de prendas e enseres, que realizan as persoas participantes da actividade da asociación, e que constitúe un xeito de autofinanciamento da asociación.
- O proxecto "Vivir co rural" do que é coordenador, que dinamiza o rural así como é unha actividade de inclusión social.
- A súa experiencia profesional como traballador do eido social en xeral, e da inclusión en particular.
A actividade rematou cun coloquio no que o alumnado tivo ocasión de conversar con el e intercambiar ideas nunha xornada enriquecedora e inspiradora para tod@s. Grazas Santi!.
Preme na imaxe para ver a actividade.
Comentarios