SENDAS ESQUECIDAS... EN TOXOSOUTOS, FROXÁN E SANFÍNS
- rafasaco
- 22 nov 2021
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 5 sept 2022
Magnífica saída didáctica do alumnado de 2ºESO con tres actividades do máximo interese: visita á emblemática Comunidade de Montes de Froxán, visita tamén á mina de Sanfíns e andaina polas paraxes esquecidas de Toxosoutos. Nun exercicio de planificación, o profesor de bioloxía Ramón Moreira puido coordinar esas tres facetas para un grupo de 100 alumn@s de modo que, alternamente e en dúas quendas, tod@s puideron desenvolver o triple percorrrido. Na actividade participou tamén o profesorado, Juán Rilo, Elisabet Tubío e Alfonso Martínez, tod@s eles invlucrad@s no proxecto. Pola Comunidade de Froxán, Joam Evans, antigo alumno do noso IES, expuxo as iniciativas que están a desenvolver. Desta senlleira actividade queda a testemuña gráfica que nos aporta o coordinador da saída.
Noraboa merecida a tod@s!!!
Preme na imaxe para acceder á impresionante galería!
Comments