TOCANDO TERRA NO TEMPO DO SMARTPHONE!!!
- rafasaco
- 24 abr 2021
- 1 Min. de lectura
O Día da Terra, 22 de abril, puidemos levar a cabo un dos nosos obxectivos principais: PARTICIPAR NUNHA PLANTACIÓN NOS TERREOS QUE FORON QUEIMADOS NO INCENDIO DE 2019. Foi nos montes comunais da Parroquia de Leiro, dentro da actividade que desenvolveu a asociación AMICOS. Nesta plantación de máis de 5.000 árbores participou alumnado de 3º ESO e replantouse media hectárea. Non está mal para empezar!!!.
Preme na imaxe para ver os videos da xornada!!!

Comentarios