XA TEMOS LOGO!!!
- rafasaco
- 6 may 2022
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 8 may 2022
Cunha impresionante participación do alumnado, o xurado ven escoller os mellores logos e, de entre eles, o que representará ao proxecto nas vindeiras iniciativas. Difícil escolla que resultou co recoñecemento dos traballos de Joel García Pazos, de 1º C ESO, e de Sergio Boo García e Borja Rubio Méndez, de 1º BAC A e B, respectivamente. O logo elaborado por Borja, que traballa a idea de monte habitado e, polo tanto, os vínculos do proxecto co monte comunal, será o que sirva para identificarnos no futuro inmediato. Tanto os traballos dos finalistas como os dos outros e outras participantes serán tamén empregados en diferentes iniciativas a desenvolver, de modo que poda darse a coñecer a creatividade e bo facer de tod@ el@s. O alumnado premiado recibiu diferentes agasallos e os nosos parabéns!! Tedes aquí o logo escollido!
Preme na imaxe para acceder á galería da entrega de premios!.
Aquí tes unha mostra do acto de recoñecemento dos traballos.
Comentarios