top of page

XORNADA DE FORMACIÓN DO PROFESORADO COA COMUNIDADE DE MONTES DE LEIRO E O LABORATORIO ECOSOCIAL.

  • rafasaco
  • 26 ene 2022
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 27 ene 2022

O profesorado implicado no proxecto desenvolveu unha xornada de formación nos montes de Leiro. Primeiramente realizou unha visita aos montes comunais conducida pola presidenta da comunidade Ánxela Miguéns, na que puido contrastar in situ diferentes modelos de ordenación e as súas implicacións. Posteriormente, a formación trasladouse ao Centro cultural onde se realizaron sendas palestras: unha caracterización da orixe e realidade das Comunidades que continuou a cargo de Ánxela Miguéns e outra, a cargo de Adrián Capelo, na que explicou os obxectivos e o labor que está a desenvolver o Laboratorio Ecosocial do Barbanza. Á actividade aisistiu tamén a coordinadora do CAFI Marta Valderrama. Resultou unha actividade dinámica e saúdabel, participativa e de moito proveito. Noraboa a tod@s


Preme na foto para ver as imaxes da xornada!

 
 
 

Entradas recientes

Ver todo
Novos habitantes chegan ao patio

O alumnado de 2º ESO, guiado polo profesor Alfonso Martínez, está a darlle vida ao mural do pavillón. Este proxecto comezouse en cursos...

 
 
 

Comments


  • Facebook
  • Twitter
  • LinkedIn

©2020 por AulaVerde. Creada con Wix.com

bottom of page