XORNADA DE FORMACIÓN DO PROFESORADO...EN FROXÁN
- rafasaco
- 2 mar 2022
- 1 Min. de lectura
A Comunidade de montes de Froxán foi recoñecida polo Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambente como Área conservada por Pobos Indíxenas e Comunidades Locais (ICCA) pola súa aposta conservacionista e o seu modelo de gobernanaza e de xestión do territorio. Ademáis esta comunidade é responsable de múltiples iniciativas de protección mediambiental, como é o caso da denuncia dos efectos da Mina de Sanfíns, e outras directamente relacionadas coa educación por medio da súa Fundación Montescola. Razóns, todas elas, que nos levaron a desenvolver unha proveitosa xornada da man de Joam Evans e na que tamén participou David García Romero, profesor membro do grupo de investigación ESCULCA da USC, quen colabora co noso proxecto; ambos antigos alumnos do noso IES. Dese modo, puidemos coñecer de primeira man os terreos recuperados de frondosas e as iniciativas que teñen previstas así como compartir reflexións sobre o territorio, a conservación e a gobernanza comunitarias, e as posibles aplicacións do aprendido nas aulas. En definitiva, unha magnífica xornada!
Preme na imaxe da Fundación Montescola e poderás ver a galería de fotos da xornada!
Comments