top of page

XUNTANZA PARA UN XARDÍN DE OLORES E CORES.

  • rafasaco
  • 29 ene 2022
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 30 ene 2022

Dentro do Proxecto de Biocultura organizamos unha xuntanza coa finalidade de adquirir os coñecementos que nos permitan deseñar e realizar un xardín de plantas aromáticas e mediciñais. A actividade foi desenvolvida polo biólogo Luís Rosendo Estévez, quen nos ilustrou sobre as súas caracterísiticas e propiedades, técnicas de plantación e reprodución así como modelos para combinalas e deseño de xardíns. Á xuntanza, ademáis do profesorado implicado, acudiron membros da comunidade educativa interesados na iniciativa. Despois da exposición, a actividade trasladouse á parte rexenerada do patio escolar, onde puxemos en común propostas de concrección. Con fin de motivar a iniciativa, Rosendo deixounos plantas e esquexes para plantar como inicio do proxecto.

Grazas Rosendo !

Preme no cartaz da actividade para ver as imaxes da xornada!

 
 
 

Entradas recientes

Ver todo
Novos habitantes chegan ao patio

O alumnado de 2º ESO, guiado polo profesor Alfonso Martínez, está a darlle vida ao mural do pavillón. Este proxecto comezouse en cursos...

 
 
 

Comments


  • Facebook
  • Twitter
  • LinkedIn

©2020 por AulaVerde. Creada con Wix.com

bottom of page