ÁRBORES E MADEIRA, BERCE DA VIDA E DA CULTURA
- rafasaco
- 15 feb 2022
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 16 feb 2022
O profesor de Enxeñería agroforestal Pablo Vila Lameiro impartíu unha palestra ao alumnado de 4º B, C e D ESO sobre a importancia da madeira como elemento fundamental no desenvolvemento da cultura humana e a súa proxección, no presente e nas posibildades futuras, como material de construción e de aproveitamentos sutentábeis. A palestra abordou aspectos relativos á ordenación do territorio, a alternativa de aproveitamentos para o monte que supón a madeira respecto dos materiais non renovábeis e a necesaria concienciación que se precisa para integrala nos nosos usos no presente e convertila nun motor económico multifuncional para as nosas comunidades. O alumnado cumprimentou unha actividade de seguemento e valoración da actividade. Grazas Pablo!
Preme na imaxe para acceder á galería de fotos.
Comments